Fíxósenos moi curta a anterior entrega dedicada ás cancións que conteñen no seu título a palabra "sol", así que evidentemente non podía pasar moito tempo sen unha segunda parte. Hai tantas e tan boas cancións sobre o sol! E iso que imos obviar as que xa pasaron por aquí coma a de A-ha, a de U2 e a de Coldplay. Así que non imos esperar máis e aquí van unhas seis máis.
Arrincamos cun tema de The Doors, "Waiting for the Sun", que aparece no álbum Morrison Hotel (1970).
Cambiamos agora radicalmente de estilo e imos cunha balada do mestre Joaquín Sabina, "Peor para el sol" do álbum Física y Química (1992). Trátase dun tema melancólico, pero moi fermoso. Unha das grandes historias de Sabina.
Seguindo con outro gran cantautor español, non podemos esquecernos de Antonio Vega e "Océano de sol", que titulaba o álbum de 1994 do ex Nacha Pop.
E que dicir da canción de Weezer "Island in the Sun"? Aparece no álbum epónimo da banda publicado en 2001 e con el o grupo californiano fíxose coñecido en todo o mundo.
Volvemos a España, neste caso co debut en solitario de El Pescao que se producía en 2010 con Nada-Lógico e onde se incluía este "Buscando el sol".
E esta vez rematamos coa formidable canción de Biffy Clyro "Victory Over the Sun", un dos singles de Opposites (2013).
Ningún comentario:
Publicar un comentario