Retomamos de novo os posts monográficos. O de hoxe vai dedicado ó Sol, que coa súa luz anuncia a chegada do bo tempo, algo que metaforicamente sempre se asociou a un período de felicidade. As seis cancións que eliximos para esta entrada son unha pequena mostra dunha amplísima variedade de cancións que levan no título a palabra "sol", así que non descartamos que haxa unha segunda parte desta entrega noutra ocasión. Acéptanse propostas.
A primeira delas é a canción dos Beatles "Here Comes the Sun", escrita por George Harrison, que se incluíu en Abbey Road (1969).É sen dúbida unha das mellores cancións do álbum e evoca os beneficiosos efectos do sol.
https://youtu.be/C5E_zXbmrlM
Janis Joplin tamén lle escribiu unha canción ó sol co espíritu do flower power. O resultado foi "Flower in the Sun", un single póstumo que se publicou en 1972.
https://youtu.be/2vNczrinFRo
No álbum de 1987 The Uplift Mofo Party Plan Red Hot Chili Peppers incluían a canción "Behind the Sun", que haberían de sacar como single cinco anos despois.
https://youtu.be/gsC9KwiknTs
Con reminiscencias cara ó final da canción dos Beatles "Here Comes the Sun", Soda Stereo asinou no álbum Canción animal (1990) a fantástica "Cae el sol", unha das mellores composicións de Gustavo Cerati e Daniel Melero.
https://youtu.be/7pxzYVc_lNQ
A seguinte canción que vén a continuación foi publicada en 1997. Pertence ó album de Supergrass In It for the Money (1997) e trátase de "Sun Hits the Sky", single que se publicou na primavera, aproveitando a chegada do sol e as altas temperaturas.
https://youtu.be/OJ8TYNpJdLg
E xa para rematar por hoxe, quedamos coa sensacional "Sun" de Two Door Cinema Club, que aparece no álbum Beacon (2012).
https://youtu.be/sKyK1Mme9Sc

Ningún comentario:
Publicar un comentario