O álbum de Aretha Franklin Hey Now Hey (The Other Side of the Sky) (1973) traía algunhas sorpresas, como a participación da propia Aretha na produción xunto co gran Quincy Jones, pero tamén o estreno da súa filla Carolyn Franklyn coma compositora dunha das cancións do álbum, que ademais foi a escollida como single de presentación, a fermosa balada "Angel", na que tamén colaborou canda Carolyn Sonny Sanders. Malia que o disco non acadou moi boas críticas no seu conxunto, "Angel" aínda conserva un bo recordo e a voz de Aretha Franklin segue soando fresca nesta canción pese os anos transcorridos desde a súa publicación.
Simply Red gravou unha das versións máis importantes que se fixeron de "Angel" no compilatorio de grandes éxitos Greatest Hits (1996). Para a ocasión, contaron coa participación de Fugees, que no momento da gravación estaban no punto álxido da súa carreira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario