Na convulsa era da new wave cunha manchea de novos grupos irrumpindo na escena, non parecía doado que toda aquela efervescencia musical pervivise trinta anos despois. Mentres que a obra enteira de moitas bandas se consagrou á categoría de clásica dos oitenta, outras teñen a fortuna de ter deixado para a posteridade tan só unha canción, un éxito imperecedeiro que fará que o nome do grupo perviva co paso do tempo. Isto pode aplicarse a Bronski Beat, unha banda de electropop procedente de Londres, que só publicou dous discos antes de volver a intentalo cun terceiro a mediados dos noventa. O que máis éxito tivo foi o primeiro, The Age of Consent (1984), grazas sobre todo a un trallazo como "Smalltown Boy", onde os membros de Bronski Beat reivindican a súa condición homosexual nunha sociedade aínda tremendamente homófoba. Non lograron repetir o éxito de "Smalltown Boy" e pouco despois o vocalista, Jimmy Sommerville, formou The Communards, cos que lle iría algo mellor.
Paradise Lost foi a primeira banda en facer unha versión de "Smalltown Boy" en clave métal. Pechaba o noveno álbum da banda, Symbol of Life (2002).
Outra versión diferente, en clave sinfónica, é a de Sharon Corr no seu primeiro álbum en solitario, Dream of You (2010).
No último álbum en solitario de Brandon Flowers, The Desired Effect (2015), atópase a canción "I Can Change" baseada na de Bronski Beat.
Ningún comentario:
Publicar un comentario