Dale Hawkins sempre será recordado pola canción que escribiu xunto con Stan Lewis e Eleanor Broadwater, e que editou en maio de 1957 converténdose no maior éxito deste músico de Louisiana, un dos pioneiros do rockabilly. Malia que ningunha das outras cancións que forman parte do seu repertorio chegou a ter a repercusión de "Susie Q" ,ou "Suzy Q" como figura nos créditos dalgunhas carátulas da época, Hawkins foi un respectado músico que compartiu casa de discos con outros grandes coma Willie Dixon, con quen gravou algún single ca outro. As continuas versións que se fixeron de "Susie Q" ó longo do tempo, especialmente nos sesenta, dan boa fe do carácter atemporal deste clásico do rock.
Os Rolling Stones foron os primeiros en incluír unha versión de "Susie Q" nun dos seus discos, concretamente no segundo, The Rolling Stones No. 2 (1965) cando na maioría dos seus traballos aínda abondaban as composicións alleas.
Creedence Clearwater Revival versionou "Susie Q" no álbum epónimo que supuxo o seu debut en 1968. A diferenza coa versión orixinal é a dos Stones, é que a banda dos irmáns Fogerty alongan a canción dándolle máis protagonismo á parte instrumental das guitarras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario