Tan grandes coma nas súas orixes, The Ramones seguían ó pé do cañón nos anos noventa coa publicación de Mondo Bizarro (1992), o duodécimo traballo da banda e o primeiro sen o baixista Dee Dee Ramone, que abandonara a formación uns anos antes. No seu lugar entrou C. J. Ramone, que permanecería ata a disolución de The Ramones en 1996. Malia a súa ausencia, Dee Dee Ramone contribuíu ó novo álbum con tres cancións que os seus ex compañeiros gravaron. Unha delas é a que se elixiu como single de presentación, "Poison Heart", cun son algo máis diferente ó que The Ramones nos tiña acostumado.
Os finlandeses HIM versionaron "Poison Heart" na cara B do single "Rip Out the Wings of a Butterfly" co que presentaron o álbum Dark Light (2005). Nin que dicir ten que o son desta canción de The Ramones adáptase perfectamente ó estilo da banda de Villie Valo, así que o resultado non podía defraudar ós fans de ámbalas bandas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario