Aproveitando que agosto é o mes das vacacións por excelencia para a meirande parte da poboación, non vén nada mal dedicarlle uns monográficos a tan sinaladas datas e ver cómo os grupos e os cantantes en solitario reflectiron o período de descanso e ocio nas súas composicións. Velaquí unhas cantas nesta primeira entrega. Empezamos cun concepto co que todo o mundo soña, vacacións de verán, moi ben expresada na canción de Cliff Richards & The Shadows, "Summer Holiday", do álbum do mesmo título de 1963.
Aínda que hai persoas que tamén as vacacións lles supoñen certa melancolía, como ben recolle a canción de Bee Gees "Holiday", que atopamos no álbum Bee Gees' 1st (1967).
The Kinks tamén reverenciaron as vacacións en dúas das súas composicións. A primeira, "Holiday", pertence ó álbum Muswell Hillbillies (1971).
E logo haberían repetir con "Holiday Romance" no álbum conceptual Soap Opera (1975).
No único álbum de Sex Pistols, Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols (1977), está a canción "Holydays in the Sun", que polo título, tamén a podiamos incluír na serie de monográficos sobre o sol.
Scorpions pechaban o seu sexto álbum, Lovedrive (1979), coa canción "Holiday", unha desas baladas rock que xa son seña de identidade da banda alemá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario