A traxectoria de Gwen McCrae tivo algúns éxitos antes de que a finais dos setenta abandonase a súa compañía de toda a vida, TK Records, para fichar pola prestixiosa discográfica Atlantic Records. No seu haber ata daquela figuraba a canción "Rockin' Chair", que se aupara no primeiro posto das listas de R&B en 1975 e que constituía o seu maior éxito. Así, en 1981 McCrae editou o seu segundo álbum epónimo que daba paso a unha nova etapa na súa andaina, o primeiro fora o seu debut en 1974. A pesar de que o flamante Gwen McCrae (1981) era un variado compendio de disco, soul e boogie, a crítica recibiuno con indiferenza e pasou bastante desapercibido. A canción máis destacada do álbum é "Funky Sensation", que acadou un meritorio posto 22 no Billboard. Gwen McCrae aínda gravaría un segundo álbum con Atlantic, para logo seguir coa súa carreira noutras discográficas.
A canción de Rashaan Paterson "Where You Are" pertencente ó álbum epónimo deste artista que se editou en 1996, toma algúns elementos de "Funky Sensation", onde o son disco deixa paso ó R&B.
Leela James seguiu o mesmo exemplo de Rashaan Paterson, e a súa canción "Good Time", do álbum, A Change Is Gonna Come (200) tamén está baseado en "Funky Sensations", pero desta volta, a nova canción comparte coa orixinal o son disco, polo que as similitudes se acentúan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario