Nos anos setenta, o soul e o funk estaban en pleno auxe, o que propiciou que o jazz, outro xénero emparentado cos anteriores, tivese un novo período de esplendor. En consonacia con eses outros xéneros, naceu unha nova corrente que se denominou jazz fusion, e unha das bandas que mellor a cultivou foi The Crusaders. Este grupo, orixinario de Texas, formado polo pianista Joe Sample, conta cunha ampla traxectoria, xa dende os comezos dos sesenta, pero sería na década seguinte cando lograron os seus maiores éxitos. Especial relevancia tivo o álbum Southern Comfort (1974), onde se recollen moitas das cancións máis coñecidas de The Crusaders, coma "Lillies of the Nile".
A banda inglesa The XX introduciu algúns elementos de "Lillies of the Niles" na súa canción "Chained", pertencente ó álbum Coexist (2012).
Ningún comentario:
Publicar un comentario