Howard Devoto non estaba moi conforme coa liña musical que estaba seguindo a súa banda, Buzzcoks, xa que consideraba que debían arriscar máis co son, así que decidiu formar un novo grupo, Magazine. A nova banda xurdiu a comezos de 1977 e un ano e medio despois xa tiña no mercado o primeiro álbum, Real Life (1978), onde Devoto afíaba un pouco máis todo o son do post punk que non conseguira con Buzzcocks e por riba, situaba a Magazine na porta de saída da new wave, que xa se andaba alimentando dos variados sons dos xéneros máis vangardistas. O primeiro single de Real Life foi "Shot by Both Sides", canción escrita por Devoto e por Pete Shelley, e que é un dos epítomes do post punk.
Vese que a despedida de Devoto non foi doada para Buzzcocks, que un ano despois aínda achaba de menos ó seu guitarrista, sobre todo ó comprobar que lle ía ben con Magazine. Quizais por ese motivo, a canción "Lipstick", que Buzzcoks editou como cara B en 1978, se parece tanto a "Shot by Both Sides", feito que non pasou desapercibido, e polo que Howard Devoto tamén figura como autor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario