Poucas cancións instrumentais poden presumir de colocarse no primeiro posto do Billboard estadounidense, coma "Love's Theme", unha peza que Barry White compuxo, non para ningún dos seus álbums coma solista, senón para o trío vocal que formara a imitación de The Supremes, Love Unlimited, e tamén para outro proxecto que montara, The Love Unlimited Orchestra. Ámbolos dous proxectos estaban concebidos para darlle unha nova visión ó soul, ó funk, ó R&B e o son disco en paralelo á carreira de White. "Love´s Theme" foi a culminación de ambos, aínda que talvez chegou demasiado cedo, xa que non volveron a ter un éxito tan rotundo e ademais con toda seguridade, a importancia da música en solitario de Barry White, que ía medrando sucesivamente, prexudicou o desenvolvemento dos demais. A primeira aparición de "Love's Theme" foi no álbum de The Love Unlimited Under the Influence of... Love Unlimited (1973) e logo a mesma versión no álbum de The Love Unlimited Orchestra Rhapsody in White (1974).
Love Unlimited gravou unha versión con letra que se publicou no álbum In Heat (1974), que saíu pouco despois da publicación de Rhapsody in White.
OMD baseou a súa "Dream of Me (Based On Love's Theme")" na canción de Barry White. Tal foi o respecto pola versión orixinal que a aclaración forma parte do título da canción. Pertence ó álbum Liberator (1993).
Ningún comentario:
Publicar un comentario