Malia que tardou case dez anos en ver publicado o seu primeiro álbum en solitario, Carole King era unha reputada cantautora cuxos singles que ía editando espertaba o interese no colectivo de compositores e, sobre todo no dos outros cantantes que adoitaban gravar as súas letras. Como moitos outros na mesma situación ca ela, as cancións que escribía adoitaban triunfar noutras voces, de aí a tardanza en ver a súa obra nun elepé, que non se produciría ata 1970. Para entón, os numerosos singles que sacara os anos anteriores quedaron espallados na discografía de King, e aínda hoxe non se deron recuperado nun compilatorio completo cos primeiros anos da cantautora, pese que ninguén se esqueceu deles. Un deles é "He's a Bad Boy", de 1964.
Proba de que a obra inicial de Carole King segue presente para a crítica, alomenos cando a súa carreira estaba nunha etapa de apoxeo, é que a canción de Neil Young "Pocahontas", pertencente a Rust Never Sleeps (1979), ten un son semellante a "He's Bad Boy" e moitos críticos en seguida se decataron dese detalle sinalándoo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario