Como acontece con moitos grupos e artistas, The Korgis fica na memoria colectiva da xente por unha soa canción que perpetuou á banda de James Warren na historia musical do pop. Pero que canción! "Everybody's Got to Learn Sometime", do segundo álbum da banda británica Dumb Waiters (1980) é das baladas máis espectaculares da década dos 80.
Unha das versións máis interesantes é a que fixo Beck para a a banda sonora da película Eternal Sunshine of the Spotless Man en 2004.
Dese ano tamén destaca a versión que fixo Zucchero con Vanessa Carlton, e en 2008 apareceron novas versións a cargo de Krezip, Daniël Lohues, Laidback Luke, Robyn Loau e Glasvegas e en 2009 destaca a dos suecos The Field, do álbum Yesterday and Today; pero imos quedar agora coa de Sharon Corr de 2010 do seu álbum en solitario Dream of You.
Ningún comentario:
Publicar un comentario