Unha das bandas punteiras do rock experimental que aínda seguen en activo facendo cancións que difícilmente pasan inadvertidas é Primal Scream. Fundada en Glasgow en 1982 por Bobby Gillespie e Jim Beattie, a súa traxectoria foi medrando paulatinamente ata chegar a ser unha banda de culto dentro dos circuitos do rock psicodélico e da electrónica. O seu sexto traballo discográfico XTRMNTR (2000) foi dos máis aclamados pola crítica ese ano e nel atópase "Swasticka Eyes".
Bloc Party, a banda que formaron Kele Okereke, Russell Lissack e Gordon Moakes a finais dos anos 90, é quizais unha das que máis lles deban ó son de Primal Scream. En 2007 sacaron o seu segundo álbum A Weekend in the City e na reedición inluíron "Flux", quizais un dos seus mellores temas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario