Unha das bandas americanas pioneiras da psicodelia foi Love. Xurdida a mediados dos anos 60, moi pronto este grupo procedente de California escribiría o seu nome dentro dos novos xéneros do rock que a comezos dos anos 70 se empezaban a espallar. Nese senso, o estilo de Love abarca diversos estilos, desde o rock máis clásico e o R&B pasando pola psicodelia, o folk rock e o garage. O seu terceiro disco Forever Changes (1967) é dos máis importantes da súa traxectoria, con cancións tan sensacionais como "Old Man", escrita por Bryan MacLean.
A pesar da súa xuventude, Emilio José ten tras de si unha carreira certamente prolífica. Comezou moi novo no grupo experimental Ápeiron e tamén participa no proxecto Pescando em Copacabana sobre música brasileira, onde é indispensable a samba e a bossa nova, así coma calquera cousa que teña que ver con Brasil. Non contento con iso só, este mozo de Quins, do concello ourensán de Melón, comezou unha interesante carreira en solitario en 2009 coa publicación de Chorando Apréndese, un álbum que bebe das influencias máis variadas. En "Wifi no Casal", é notoria a presenza de Love.
Ningún comentario:
Publicar un comentario