Gian Piero Reverberi é un dos compositores italianos que pasou boa parte da súa vida traballando nas bandas sonoras das películas de serie B que se rodaban con produción italiana. "Nel Cimitero di Tucson" de 1968, aparece na banda sonora de Preparati La Bara!, protagonizada por Terence Hill.
O sample desta canción empregouno Gnarls Barkley, o dúo composto por Cee-Lo Green e o produtor Danger Mouse, para o seu trallazo "Crazy", do seu debut St. Elsewhere (2006) que lanzou a Gnarls Barkley ó estrelato da fama. Desafortunadamente, o éxito foi tal que o seu seguinte traballo discográfico, tamén dunha enorme calidade grazas sobre todo ó traballo na produción de Danger Mouse, non tivo a repercusión que merecía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario