The Flaming Lips é unha das bandas máis respectadas do rock alternativo grazas a unha dilatada carreira que comezou aló por 1983. A base de boas cancións, uns concertos coidadps e ó traballo constante de Wayne Coyne, The Flaming Lips é un referente indiscutible para moitas bandas de nova formación. The Soft Bulletin (1999), noveno traballo discográfico do grupo de Oklahoma, adéntrase no rock experimental, un dos terreos nos que se sente máis cómodo Wayne Coyne. O disco ábrese con "Race for the Prize", o primeiro single, todo un trallazo na traxectoria de The Flaming Lips.
Nin que dicir ten que MGMT, unha das sorpresas máis agradables que xurdiron nos últimos anos, teñen a The Flaming Lips como unha das súas fontes de inspiración. O dúo composto por Andrew Van Wyngarden e Ben Goldwasser revolucionaron o rock psicodélico coa publicación do seu debut Oracular Spectacular (2007) cun single como "Time to Pretend" que non deixaba de ser unha aposta moi arriscada por parte da súa compañía discográfica. Malia iso o experimento resultou un éxito e hoxe as cancións de MGMT son versionadas por outros artistas. "Kids", un dos grandes temas de Oracular Spectacular ten certo parecido con "Race for the Prize".
"Kids" é unha das cancións máis versionadas de MGMT. Quedamos coa versión acústica dos ingleses The Kooks.
Ningún comentario:
Publicar un comentario