Echo & the Bunnymen é unha das bandas británicas que pertencen á xeración que se formou a finais dos 70 en Reino Unido trala eclosión do punk. Cun estilo moi persoal debido ante todo ó seu líder Ian McCulloch e as contribucións dos demais membros como o guitarrista Les Pattinson e o batería Pete de Freitas, en 1984, coa publicación do seu cuarto disco Ocean Rain, quedaba máis que demostrado que esta banda de Liverpool era unha das máis interesantes do panorama dos 80.
O estilo de Echo & the Bunnymen podémolo rastrexar en moitas bandas posteriores, como por exemplo Arcade Fire. No seu álbum de debut Funeral (2004) é onde mellor se aprecia esa posible influencia, concretamente no tema "Crown of Love".
Ningún comentario:
Publicar un comentario