Agora que The Smashing Pumpinks están a punto de publicar un novo álbum Oceania que promete estar á altura do sensacional Mellon Collie and the Infinite Sadness (1995), o mellor traballo da banda de Billy Corgan, non estaría de máis volver á vista a un dos discos que marcaron o camiño dese traballo e facían ver que The Smashing Pumpkins ían ser unha banda que sobreviviría á era do grunge. Siamese Dream (1993) volveuse co tempo nun disco imprescindible na carreira de Corgan, que contiñan cancións tan boas como "Today".
As principais versións que se fixeron desta canción son de grupos que as gravaron para os distintos tributos que se lle renderon a The Smashing Pumpkins, como por exemplo a de Armor for Sleep para The Killer in You: A Tribute to Smashing Pumpkins.
Ningún comentario:
Publicar un comentario