B. J. Thomas, un dos cantantes de country cunha dilatada traxectoria ás súas costas, comezou a súa andaina en 1966 e colleitou un auténtico éxito de vendas co seu debut. Dous anos despois, en 1968 publicou On My Way, un traballo máis inclinado cara ó pop que contén "Hooked on a Feeling", unha canción escrita por Mark James e que se convertiu na máis importante da carreira de Thomas.
A primeira versión coñecida é a do cantautor Jonathan King, que en 1971 lanzouna como single.
Pero a versión de King, moi personal debido ós coros que introduciu, enseguida quedou envolta na polémica porque seica se parecía moito ó tema de Johnny Preston "Running Bear", de 1959.
Con todo, a versión máis popular do "Hook on a Feeling" débese ós suecos Blue Swede, de 1974, do seu álbum que titularon precisamente Hook on a Feeling, baseada na de King e que aínda hoxe é frecuente escoita nalgunhas radiofórmulas.
Nos anos 90, tamén cobraría forza a versión de Vonda Shepard para a serie de televisión Ally McBeal.
Os famosos coros tamén se haberían de empregar noutras cancións, como "Special Delivery" de The Offspring no seu disco Conspiracy of One (2000).
Ningún comentario:
Publicar un comentario