Os irmáns Ray e Dave Davies montaron en Londres a comezos dos anos 60 unha das bandas máis significativas do rock británico do momento. Tanto foi así que foron dos primeiros en principiar a chamada invasión inglesa en Estados Unidos. En 1966 publicaron o seu cuarto traballo discográfico Face to Face, que co paso do tempo se convertiu nun disco imprescindible na carreira de The Kinks. Unha das cancións máis emblemáticas dese álbum é "Sunny Afternoon".
The Divine Comedy, unha banda procedente de Irlanda do Norte formada a finais dos 80 por Neil Hannon, ía darlle un xiro ó pop barroco situándoo como unha corrente que se tería moi en conta na década seguinte. En 1997, no seu quinto disco A Short Album About Love destaca a canción "Everybody Knows (Except You)", con certas reminiscencias de The Kinks.
Dese mesmo ano tamén é a canción de U2 "Staring at the Sun" que xa pasou polo blog nunha entrada anterior. A canción do ábum Pop (1997) tamén lle ten moito que agradecer á de The Kinks.
http://youtu.be/s4D5hSPjftI
A influencia de "Sunny Afternoon" tamén é evidente no tema de Gorillaz "Feeling Good Inc.", single de presentación do álbum Demon Days (2005).
http://youtu.be/pls_luhVdAw
Aínda que onde está máis presente dun xeito bastante máis claro "Sunny Afternoon" é na canción de Take That "Kidz", do seu último álbum Progress (2010), que por outra parte, tamén é o máis maduro da formación de Gary Barlow, todo un referente para as mozas dos anos 90.
Ningún comentario:
Publicar un comentario