Eddie Floyd, un dos cantantes de R&B e soul máis importantes do século XX compuxo xunto a Steve Crooper en 1966 unha das cancións máis emblemáticas da música e que se prestaría a unha cantidade notable de versións ó longo do tempo, posto que moi poucos artistas souberon resistirse ó ritmo pegadizo deste tema inmortal. Dende Otis Redding a David Bowie, dende Cher a Eric Clapton, e todas co toque personal de cada músico. Mais a gravación orixinal fíxoa o propio Eddie Floyd para o seu álbum Knock on Good (1966).
A versión de David Bowie, unha das primeiras que se gravaron, aparece no álbum en directo de Bowie David Live (1974).
Pero a versión que máis transcendeu para o gran público foi a de Amii Stewart, unha cantante de soul que en 1978 gravou a súa versión no seu álbum de debut ó que "Knock on Good" lle dá título e que lle otorgou un éxito inmediato co seu son disco tan de moda nese momento..
Unha canción que parece estar baseada na versión de Amii Stewart é a do dúo británico Goldfrapp, que no seu álbum Black Cherry (2003) incluíron este fantástico tema "Strict Machine".
Ningún comentario:
Publicar un comentario