luns, 18 de xuño de 2012

Just Like Honey

Procedentes de Escocia, en 1985 facían o seu debut The Jesus and Mary Chain coa súa ópera prima Psychocandy, que se abría con "Just Like Honey", escrita polos irmáns Jim e William Reid. O disco en xeral  recolle a influencia de variados estilos que van dende The Shangri-Las a Sex Pistols. Con esta carta de presentación, The Jesus and Mary Chain prometían dar moita guerra e confirmaban as súas intencións de facerse un oco no cambiante panorama pop dos anos 80 e así o lograron cunha carreira que se estendeu ata a finais dos anos 90, aínda que ollo, en 2007 confirmouse o seu regreso. Mentres agardamos un novo traballo, quedamos con "Just Like Honey".


Os coruñeses Triángulo de Amor Bizarro, nome que tomaron da canción de New Order "Bizarre Love Triangle" réndenlle homenaxe a The Jesus and Mary Chain no seu álbum de rarezas e Caras B El Hombre del Siglo V (2007) cunha adaptación de "Just Like Honey" ó castelán á que chamaron "Para Los Seres Atados (a Las Condiciones Terrenas)".

Ningún comentario:

Publicar un comentario