O éxito masivo está restrinxido a uns poucos artistas e bandas, pero moitos deles nútrense do rico e variado ambiente do underground, das escenas locais que frecuentan grupos case anónimos que en boa parte dos casos nunca chegarán a ser máis coñecidos fóra dos límites que marcan a zona pola que se moven. Ás veces teñen un golpe de sorte e a súa música comeza a soar en tódolos sitios, o que supón subir un chanzo máis, pero noutras o recoñecemento vén por medio da admiración de grupos convertidos en superestrelas que algún día antes de que a fama lles chegase foron admiradores deles e séntense en débeda co seu son. Un dos milleiros de grupos e artistas que protagonizan este tipo de historias é NoMeansNo, unha banda canadense de finais dos setenta que se dedica ó punk, pero que só tiveron éxito dentro do circuito americano. Debutaron co álbum Mama (1982), onde se inclúe "We Are the Chopped".
A vantaxe de NoMeansNo é que conta entre os seus seguidores ós integrantes de The Offspring. No álbum Splinter (2003) decidiron renderlle tributo a NoMeansNo ó empregar o mesmo riff de guitarra de "We Are the Chopped" na canción "Hit That", polo que de socato o nome da banda canadense foi coñecida en todo o mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario