Nese afán que teñen algúns músicos de mesturar diversas cancións para reinventar o funk e o house nunha nova canción, Norman Cook, de alcume artístico Fatboy Slim, revelouse todo un mestre, como ben sabemos neste blog. Tampouco nos cansaremos de repetir que se ben este tipo de artistas se lles pode achacar unha total falta de orixinalidade, hai que recoñecerlle o talento para crear novas cancións a partir doutras, así como a capacidade de rescatar cancións case esquecidas. No amplo repertorio e Fatboy Slim, un dos seus temas con máis éxito é "Weapon of Choice", de Halfway Between the Gutter and the Stars (2000).
En "Weapon of Choice", Fatboy Slim achegou retrincos especialmente de música dos anos 60, como a canción de The Chambers Brothers "All Strung Out Over You", pertencente a The Time Has Come (1967).
Pero máis evidente se cabe no son de "Weapon of Choice" é o tema de Sly and the Family Stone "Into My Own Thing", do álbum Life (1968).
Os toques de hip hop nesta canción de Fatboy Slim corren a cargo de Black Sheep e a canción "The Choice Is Yours (Revisted)", pertencente ó álbum A Wolf in Sheep's Clothing (1991).
Ningún comentario:
Publicar un comentario