O gran cantautor francés Serge Gainsbourg sempre será recordado pola famosa canción subida de ton "Je t'aime... mon non plus" gravada xunto con Jane Birkin, pero o certo é que existe unha versión anterior aínda máis picante con Brigitte Bardot. Daquela, a finais dos sesenta, Brigitte Bardot xa era todo un mito erótico e tamén a musa de Gainsbourg, que mesmo lle chegou a dedicar un álbum enteiro, Initials B.B. (1967) no que a actriz prestou a súa voz para a canción "Bonnie and Clyde", un dos mellores temas de Gainsbourg. A historia da famosa parella de gángsteres sempre inspirou a moitos artistas, tanto do cine como da música, pero quizais Gainsbourg foi quen mellor a retratou nunha canción pop. Por fortuna, a obra de Gainsbourg sempre será moito máis que o tema con Jane Birkin.
"Bonnie & Clyde" é dos temas máis versionados de Serge Gainsbourg. Steve Wynn fixo unha versión en inglés xunto coa líder de Concrete Blonde, Johnette Napolitano no álbum Dazzling Display (1992).
Kylie Minogue recreou as bases de "Bonnie and Clyde" na canción "Sensitized", do álbum X (2007).
Ningún comentario:
Publicar un comentario