O britpop, esa corrente de boa música que asolagou o planeta desde Reino Unido nos noventa, deixounos na memoria unha machea de bandas que vinte anos despois forman parte da historia: Oasis, Blur, Suede, Pulp, The Verve... e con todo, non todas sobreviviron a esa etapa marabillosa e quedaron polo camiño antes de que a crítica certificase a fin do britpop. Black Grape publicou dous discos entre 1995 e 1998 con moi boas críticas, pero este proxecto que puxeron en marcha os antigos membros de Happy Mondays, Shaun Ryder e Bez non tivo continuidade. O álbum co que debutaron It's Great When You're Straight... Yeah (1995) aínda ten un son actual, coa influencia do rap que caracterizou a Black Grape, que se reflicten en cancións como "In the Name of the Father".
Con esas coincidencias caprichosas que se dan na música cando os compositores non o buscan, os primeiros acordes de "Just Say Yes", a canción que pecha o álbum de grandes éxitos de The Cure, Greatest Hits (2001), unha das dúas inéditas dese disco, teñen unha lixeira reminiscencia de "In the Name of the Father", ou polo menos é difícil empezar a escoitala sen acordarse da de Black Grape.
Ningún comentario:
Publicar un comentario