A crítica sempre loou cada traballo de PJ Harvey, algo que era sobre todo máis frecuente cos primeiros discos. Como artista consagrada, moitos dos que comezan fíxanse no seu estilo como cantautora de rock alternativo que sempre vai cun paso por diante, malia que hai que admitir que os seus últimos discos non teñen a frescura dos anteriores. Quizais por todo o que ten acadado, PJ Harvey pode concederse a licenza de deixar entrever de vez en cando algunhas das influencias que perfilaron a súa música, dun xeito máis visible do acostumado. Se xa vimos a súa preferencia por The Police, en "This Is Love", tema do quinto álbum Stories from the City, Stories from the Sea (2000), PJ Harvey móstranos a importanca da música de The Stooges e de Johnny Thunders and The Heartbreakers.
https://youtu.be/STxXS5lLunE
Desde logo que "This Is Love" soa case idéntica a "No Fun", un dos temas co que a banda de Iggy Pop, The Stooges, se deu a coñecer cun álbum epónimo en 1969.
https://youtu.be/vvRkJzVQBP0
E non obstante, pode dicirse que a parte que distingue a "This Is Love" de "No Fun" débese a un clásico do punk rock dos setenta, "Chinese Rocks", de The Heartbreakers, pertencente ó álbum L.A.M.F. (1977). Aínda que a canción de PJ Harvey garda máis similitude coa de The Stooges, é innegable que contén ecos da canción da banda de Johnny Thunders e de Richard Hell.
https://youtu.be/S3gPaSsCAiI
E xa que falamos dunha gran canción como "Chinese Rocks" sería inxusto non reproducir tamén a versión que fixo un dos seus compositores, Dee Dee Ramone, coa súa banda, Ramones, no álbum End of the Century (1980).
https://youtu.be/57nPAqBPGPE

Ningún comentario:
Publicar un comentario