Loleatta Holloway non tivo grandes éxitos internacionais, pero as poucas cancións que triunfaron na súa voz tiveron a repercusión suficiente para que moitos artistas que viñeron detrás as tivesen en conta á hora de elaborar algunha das súas composicións cando andaban algo faltos de imaxinación creativa. O tema máis paradigmático destes é, non cabe dúbida, "Love Sensation", a última gran canción de Loleatta Holloway, que acadou os primeiros postos das listas estadounidenses de música disco. A canción, que titula o sexto álbum da cantante de Chicago e que se editou en 1980, non tardou en ser unha presa fácil tanto para músicos de hip hop coma para os productores de techno, e aínda hoxe se segue botando man de "Love Sensation" para novas creacións.
É difícil escoller entre a variedade de cancións ás que "Love Sensation" prestou o seu son, pero desta volta imos quedar con dous dos proxectos perfectamente consagrados. O primeiro deles, o de Pet Shop Boys, que na reedición de Behaviour (1990) incluíron a canción "We All Feel Better in the Dark", coas bases do tema de Holloway.
A segunda é o tema de Moby que tamén empregou "Love Sensation". Trátase do single "Move" que se editou en 1993.
Ningún comentario:
Publicar un comentario