O quinto traballo discográfico de Kate Bush, Hounds of Love (1985), está considerado a gran obra da artista inglesa, que se consagrou con el despois das altas expectativas que levantara nos seus comezos e os discos algo irregulares que os seguiron. Cancións como "Running Up That Hill", "Cloudbusting" e mesmo a que lle dá título ó álbum, "Hounds of Love", confirmaban con creces o nivel dunha obra que casa distintas influencias coma o sons celtas e os orientais cun coidado pop que non renuncia a un toque sinfónico en boa parte das composicións. "Hounds of Love" foi o terceiro single que sacaron deste álbum e ó igual ca os anteriores, quedou nunha boa posición nas listas de singles de moitos países.
The Futureheads gravaron unha versión no seu álbum epónimo de 2004 co que se deron a coñecer. Trátase dunha atrevida versión en clave rock que lle dá unha nova vida á canción de Kate Bush, unha das mellores que se fixeron de "Hounds of Love".
Ningún comentario:
Publicar un comentario