A nova etapa que se abrira en Fleetwood Mac coa chegada de Lindsey Buckingham, Christine McVie e Stevie Nicks non tiña volta de folla. Instalados nun son máis preto do pop e co blues esquecido, as cousas non lle ían mal comercialmente, algo que se confirmou con Rumours (1977), un dos discos máis vendidos da banda. Este xiro radical de estilo débese sobre todo ás dúas mozas, responsables da composición de case tódalos novos temas. Cada unha delas soubo reflectir en cadansúa canción a súa personalidade. "Gold Dust Woman" é un dos temas de Stevie Nicks de Rumours que recolle moitos dos motivos que logo se haberían de reproducir noutras das súas cancións.
É ben sabido a admiración que as composicións de Stevie Nicks, espertan desde sempre en Courtney Love. No banda sonora de The Crow: City of Angels (1996) Hole versiona"Gold Dust Woman".
Ningún comentario:
Publicar un comentario