Non son moitos os grupos que se saben adaptar á perfección ós gustos do momento e moito menos os que adoitan manterse en primeira liña sen sufrir un desgaste que os leve o retiro. Un bo exemplo é Kool & the Gang que comezaron nos sesenta como un grupo de soul e jazz, pero tiveron os seus maiores éxitos entre finais dos setenta e comezos dos oitenta grazas á reconversión do seu son en funk, disco e R&B, sendo un dos grupos estrela de calquera pista de baile. Unha das súas cancións máis recordadas é "Get Down on It", pertencente a Something Special (1981), o álbum número trece na discografía do grupo de Nova Jersey, que lonxe de pensar na xubilación, aínda seguen sacando discos novos cada pouco.
Hai unha chea de versións de "Get Down on It" que apenas achegan algunha novidade destacable que a diferencie da orixinal. Imos quedar entón cunha das máis esquecidas, a de Peter André no álbum Natural (1996), que tamén foi unha das primeiras en gravarse.
Claro que distinta é a canción de Snoop Dogg "We Just Wanna Party with You", pertencente á banda sonora de Men In Black (1997) , pero tamén é verdade que sen as bases de "Get Down on It" quedaría en nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario