A new wave comezou a xestarse a finais dos setenta cando unha serie de novos grupos decidiron facer algo diferente aproveitando a gama de novos xéneros que se crearon nesa década. Así que cunhas doses de pop, rock, funk, disco, reggae e punk as novas bandas foron perfilando un estilo ecléctico coñecido como a nova onda, unha maneira de dicir que o tempo futuro chegara. Unha desas bandas foi Talking Heads, que debutaban en 1977 con Talking Heads: 77 e xa aí se deixaba ver que David Byrne, alma máter do grupo, estaba chamado a facer grandes cousas na década seguinte. A gran canción da ópera prima de Talking Heads é, sen dúbida, "Psycho Killer", un tema que aínda hoxe fai as delicias de seguidores e artistas.
Non deixa de ser unha alegría a volta de Blur. Quince anos despois da época dourada da banda, e tras numerosos proxectos de Damon Albarn pola súa conta e uns cantos desencontros con Graham Coxon, a banda londiniense regresa por todo o alto cun novo álbum, The Magic Whip, que verá a luz o vindeiro mes de abril. De momento xa podemos escoitar o adianto, "Go Out", que ten un son que recorda moito a "Psycho Killer".
Ningún comentario:
Publicar un comentario