Filadelfia foi berce desde sempre de excelentes grupos de soul, que cativaron ó público coas súas interpretacións vocais. The Stylistics sumou un novo elo ó fundarse a finais dos sesenta. Co apoio do produtor Thom Bell e da compositora Linda Creed lograron debutar cun álbum epónimo en 1971, que incluía algunhas cancións que agora xa forman parte da historia do soul. Unha das máis importantes é a que abre o disco, "Stop, Look, Listen (to Your Heart)", que logo acadaría tamén unha gran popularidade nas voces de Marvin Gaye e de Diana Ross.
Nun deses trucos que ás veces os xefes da Tamla Motown tiñan a man, xuntaron a dúas das súas estrelas máis importantes, Diana Ross e Marvin Gaye para que gravasen un álbum de duetos, titulado como non, Diana & Marvin (1973), no que repasaban algúns éxitos do soul cantados por outras voces. A versión que fixeron do tema de The Stylistics é das máis destacadas.
Aproveitando que é unha fabulosa canción soul, Craig David tomou as bases de "Stop, Look, Listen (to Your Heart) para o tema "All Alone Tonight", pertencente a Signed Sealed Delivered (2010), álbum de versións e revisións da época dourada do soul.
Ningún comentario:
Publicar un comentario