Tras acadar unhas excelentes críticas co álbum de debut Parachutes (2000), Coldplay seguía buscando a perfección con A Rush of Blood to the Head (2002), un disco que para unha parte da crítica superaba con creces a ópera prima. Cunha liña continuista aínda, o novo álbum abonda nas baladas onde a guitarra acústica e o piano son os instrumentos principais e tan só "Clocks" é unha nota discordante coa totalidade do resto das cancións. Unha das máis características de A Rush of Blood to the Head é "The Scientist", o segundo single, que á vez é tamén unha das máis representativas do repertorio de Coldplay, como "In My Place", que foi o primeiro single, e outras do primeiro disco como "Yellow" e "Trouble", que fixeron que a banda de Chris Martin atopase un lugar privilexiado dentro do pop rock de comezos de século.
http://youtu.be/RB-RcX5DS5A
Desde o ascenso que Codplay acadou nos últimos anos como unha das bandas máis importantes das dúas últimas décadas, son moitos os artistas que se fixan no estilo e tratan de imitalo. "The Scientist" é unha das cancións favoritas do fans de Coldplay e pode intuírse a súa pegada en "Haunted", un dos temas de Taylor Swirft incluído en Speak Now (2010).
http://youtu.be/XqKgzIzdygc

Ningún comentario:
Publicar un comentario