Nos anos 70, coa febre da música disco en pleno apoxeo, The Emotions empeñáronse en demostrar que os grupos vocais femininos seguían tendo vida máis aló da década anterior, e co novo panorama que abrían os sons funk, R&B, disco abríase un campo de posibilidades que non estaban dispostas a deixar escapar. Así dese xeito, tiveron unha carreira onde "Best of My Love", canción pertencente ó álbum Rejoice (1977) é a canción máis recordada do trío. Un dos compositores deste éxito foi Al McKay, un dos integrantes de Earth, Wind and Fire, cos que The Emotions colaboraron nunhas cantas cancións.
"Best of My Love" é unha canción bastante sampleada e son bastantes as que se basean no seu son machacón, así que só vos imos ofrecer unha pequena selección para non cansarvos demasiado. A primeira é un dos éxitos de Mariah Carey titulada precisamente "Emotions", como se fose unha homenaxe en toda regra ás rapazas de The Emotions. Aparece no disco do mesmo título da diva neoiorquina, publicado en 1991.
http://youtu.be/QE5Cr5hdf4I
En 1993, o rapeiro Positive K tamén se baseaba en "Best My Love" para crear "Car Hoppers". Non sería o único artista de hip hop en empregar o tema de The Emotions porque semella ser un dos favoritos á hora de samplealo.
http://youtu.be/OoHvsWevEgU
En 1998 publicáronse dúas cancións herdeiras de "Best of My Love". Unha delas é de Tamia, que no seu álbum de debut incluía "Falling For You".
http://youtu.be/sztxoEbDk4Q
Como tamén dese ano é a canción de Maurício Manieiri "Minha Menina", que aparece en A Noite Inteira. Resulta bastante evidente que ningunha destas cancións achegan unha mostra de innovación respecto á orixinal, e o mesmo se pode dicir do resto que prescindimos de pór. En calquera caso, estas quizais sexan as máis interesantes.
http://youtu.be/iSJHIeEA9yM

Ningún comentario:
Publicar un comentario