Bing Crosby foi dos primeiros crooners do século XX que chegou a marcar a unha xeración. Cunha carreira paralela no cinema, Crosby compuxo e interpretou algunhas das cancións que ían influír en artistas coma Frank Sinatra. En 1927 gravou os seus primeiros catro singles, compostos xunto con Paul Whiteman, que se habería de volver inseparable de Crosby na súa dilatada carreira musical.Aínda así, hai cancións de Bing Crosby que non están asinadas por Whiteman. Unha delas é "My Woman", de 1932, na que participaron Irving Wallman e Max Wartell, e cun ritmo clásico de swing, tan do gusto da época e a voz profunda de Crosby, foi das primeiras composicións que se versionaron ese mesmo ano.
http://youtu.be/KH9mM-Ud1Gs
E a versión que se fixo a finais de 1932 correu a cargo do músico mozambiqueño Al Bowlly, daquela vocalista da Ray Noble Orchestra. Para a súa versión Bowlly contou coa colaboración de Lew Stone e da Monseigneur Band e a principal novidade que introduce Al Bowlly con respecto á versión orixinal é o son da trompeta, que se converteu no emblema da canción e tamén o motivo polo que tantos anos despois, "My Woman" aínda sexa unha canción que se recorde.

http://youtu.be/PtJDq7f_EF0
Iso débese principalmente a que en 1997 White Town, o proxecto do músico de orixe india Jyoti Prakash Mishra, situase a canción "Your Woman" no máis alto das listas. Incluída no álbum Women in Technology, "Your Woman" incorporaba o son da trompeta da versión de Bowlly, o que a facía gañar en popularidade. Por outra parte, xa o título da canción de White Town entraba en contraposición coa de Crosby, o que xa facía intuír un diálogo entre ambas. Nin que dicir ten que "Your Woman" é todo un alegato a favor da liberdade das mulleres.
http://youtu.be/cIQWt3oMids
Unha das versións máis chocantes que se fixeron da canción de White Town é a de Alberto Comesaña. A dicir verdade, o tema co que Comesaña comezaba a súa carreira en solitario tralo seu paso por Semen Up e por Amistades Peligrosas, "Ni en broma", simplemente reproduce a música, xa que a letra é totalmente nova e non ten ningunha relación coa de White Town. Pertence ó disco Perversiones (2000).
http://youtu.be/al8SA67W9qs
Máis recentemente está o tema de Naughty Boy "Never Be Your Woman", primeiro single extraído do álbum de debut Hotel Cabana (2013) e interpretado por Emeli Sandé e por Wiley.
http://youtu.be/PoaT76ht_9Y

Ningún comentario:
Publicar un comentario