Genesis nunca se caracterizou pola permanencia demasiado longa dalgúns dos seus membros máis emblemáticos, especialmente na batería. Se tralo primeiro disco Chris Stewart abandonou a formación para gañarse a vida cardando ovellas e houbo que esperar uns anos para que Phil Collins se fixese co posto, a marcha de Peter Gabriel, fundador, vocalista e en definitiva, alma máter, debeu deixar a máis de un co pé cambiado. Pero a banda seguía e os restantes compoñentes non tardaron en pórse a buscar un novo vocalista, mais os candidatos que se presentaron non convenceron, co cal, Phil Collins deu un paso ó fronte, e converteuse na voz de Genesis sen deixar de lado á batería. O primeiro traballo de Genesis despois deste balbordo foi A Trick of the Tail (1976), primeira proba de fogo que superaron sen problema, xa que a ausencia de Gabriel apenas se notou. "Entangled", composta por Tony Banks e Steve Hackett, é unha das mellores cancións do disco.
Os arranxos de "Entangled" inspiraron unha das cancións do álbum de Elbow Asleep in the Back (2001) co que a banda de Guy Garvey comezou a súa andaina. "Newborn" recolle a influencia que exerceu Genesis na banda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario