No século XIX os estudos de etnografia víronse impulsados polo crecente interese que había en torno á cultura popular dos pobos, que se mantivo aínda moi vivo ben entrado o século XX. En 1916 o poeta inglés Richard Le Gallienne publicou a letra dunha das cancións tradicionais de Nassau, a coñecida co título de "The John B. Sails", o que a deu a coñecer nos demais lugares da Commonwealth. Once anos despois, o tamén poeta Carl Sandburg incluíuna na colección de cancións tradicionais The American Songbag, o que supuña a primeira gravación da canción. Tras el, non tardaron en gravala Blind Blake en 1930 e Alan Lomax cinco anos despois baixo o título "Histe Up The John B. Sail", pero por desgraza, non atopamos rastro destas primeiras gravacións. Habería que esperar a 1950 para que o John B. volvese navegar polos estudios de gravación. Co título "Wreck of the John B." The Weavers revivían o vello clásico das Bahamas.
http://youtu.be/8CvTloNDFFg
Dous anos despois era a quenda da versión de precisamente un músico das Bahamas, Blake Alphonso Higgs, chamada "John B. Sails".
http://youtu.be/Kk7I_KWkswQ
En 1958, "The John B. Sails" fíxose aínda se cabe máis popular coa versión de The Kingston Trio, e por primeira vez publicábase co título "Sloop John B.", que sería o máis habitual nas seguintes versións.
Dous anos despois era a quenda da versión de precisamente un músico das Bahamas, Blake Alphonso Higgs, chamada "John B. Sails".
En 1958, "The John B. Sails" fíxose aínda se cabe máis popular coa versión de The Kingston Trio, e por primeira vez publicábase co título "Sloop John B.", que sería o máis habitual nas seguintes versións.
No entanto, Johnny Cash decidiu bautizar a súa con "I Want to Go Home", un dos versos do retrouso, talvez para distinguirse da versión de The Kingston Trio, xa que a de Johnny Cash se editou en 1959, tan só
un ano despois da de The Kingston Trio.
Pero quen de verdade ía a levar este canto tradicional das Bahamas ó máis alto, serían The Beach Boys no álbum Pet Sounds (1966). Co mesmo título que a versión de The Kingston Trio, "Sloop John B.", a banda de Brian Wilson completou un proceso de renovación da canción sen perde-la esencia orixinaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario