Tras dar por rematada a aventura de The Jam, unha das bandas británicas de cabeceira para boa parte dos grupos de britpop, Paul Weller emprendeu unha nova etapa en que demostraba que aínda lle quedaban moitas cousas que dicir e moito que achegar aínda ó mundo da música. Non obstante, antes de que os discos de Weller fosen asinados exclusivamente co nome do músico, formou unha nova banda, The Style Council, co que experimentar con novos sons e estilos diferentes do que adoitaba facer con The Jam. Con todo e a pesar das boas críticas colleitadas, The Style Council non chegou a ter unha década de vida e despois duns anos intentando emerxer cunha nova banda, Weller empezou unha carreira en solitario un tanto irregular, pero sempre dun altísimo nivel. En 1995 aparecía o segundo disco Wild Wood, e a canción que lle dá título é unha das máis fermosas.
No álbum Always (2007), Gabrielle incluíu unha canción baseada en "Wild Wood". Trátase de "Why" e na que o propio Paul Weller participa nos coros, deixando claro así que a idea non lle parecía mal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario