É certo que cando Green Day editou 21st Century Breakdown (2009) a banda de Billie Joe Armstrong decidira continuar polo mesmo camiño que emprenderan co anterior disco American Idiot (2004). Con aquel álbum e collendo como referentes a The Who, Green Day ofrecía ó gran público unha especie de ópera rock que os afastaba notablemente do seu son primixenio e lles imprimía un son máis maduro, aínda que logo o resultado resultase algo fallido. Mais Billie Joe e os seus compañeiros Mike Dirnt e Tré Cool quedaron satisfeitos e sabían que o seguinte traballo tiña que seguir a mesma liña. Para iso encargáronse eles mesmos da produción e contrataron para que os axudase neses labores un peso pesado como Butch Vig. Se ben 21st Century Breakdown non é unha obra sublime, supera con creces ó seu predecesor, con cancións que por momentos lembran a Oasis, a The Electric Light Orchestra (ese "21 Guns" que xa apareceu por aquí), etc. Como non podía ser doutra maneira, o salto cualitativo que se producira no novo disco non se viu acompañado dun maior incremento nas vendas, xa que moitos fans non entenderon o xiro que estaba dando o grupo. "Restless Heart Syndrome" é a mellor canción do oitavo disco de Green Day.
http://youtu.be/fm5uY5hSA-8
E agora fixádevos na seguinte canción, a ver se non ten unha leve semellanza coa anterior de Green Day. Trátase de "The Angel and The Fool", unha das cancións pertencentes ó último disco de Broken Bells After the Disco, publicado o pasado mes de xaneiro, e que ten toda a pinta de ser un dos álbums do ano. E é que o proxecto do produtor Danger Mouse, que hai anos montara Gnarls Barkley xunto con Cee-Lo Green, e James Mercer, líder de The Shins, é unha das sorpresas máis agradables dos últimos anos, como así demostraron co seu debut hai catro anos. De momento só dispomos dun anaquiño de "The Angel and The Fool", pero o suficientemente significativo.
http://youtu.be/7l_TJ0us3VA

Ningún comentario:
Publicar un comentario