Se hai unha banda que revolucionou a escena underground nos anos 80 deixando un pouso que habería de alimentar a centos de bandas en todo o mundo, esa é Sonic Youth. Fundada en Nova York por Thurston Moore, Kim Gordon, Lee Ranaldo, Steve Shelley e Mark Ibold, Sonic Youth foi trazando un camiño na escena independente con cada disco que ían editando, converténdose nun referente que aínda na actualidade non acadou ninguén máis. En 1990 publicaron Goo, o sétimo disco de longa duración, un dos máis significativos da carreira, xa que despois dunha década Sonic Youth atravesaba unha delicada liña ó ficharen os seus membros polo selo dunha discográfica multinacional. Se para moitos grupos iso supuña unha proba de fogo que levaba a un resultado incerto renunciando a súa reputación, os rapaces de Sonic Youth saíron indemnes, pois o cambio non provocou unha rotura son que acostumaban facer, e é máis, ata conseguiron gañar novos adeptos. O single "Disappeared" é dos máis celebrados e hoxe considérase unha das mellores cancións dos neoiorquinos.
Especialmente "Disappeared" tivo unha importante influencia no tema que lle dá título ó primeiro disco dos granadinos Lagartija Nick, unha das bandas de referencia da escena indie española. En 1991 facían a súa aparición con Hipnosis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario