Cando se fala do folk-rock dos anos 70 en Estados Unidos é invitable que non acuda á mente o nome, entre outros, de James Taylor. Este cantautor de voz cálida é un dos compositores máis prolíficos que, ademais de nutrir a súa propia carreira de boas cancións, tamén contribuíu ó crecemento da de outros artistas, que recorrían á cretividade de Taylor como garante de éxito. No cuarto disco, One Man Dog (1972), aparece unha das súas composicións máis aclamadas, "Don't Let Me Be Lonely Tonight", que cativou tanto ós seguidores máis fieis coma a todo tipo de artistas, que se encargaron de facer algunhas versións certamente moi boas.
Das mellores versións que se fixeron de "Don't Let Me Be Lonely Tonight", sen dúbida a de Isaac Hayes ocupa un lugar privilexiado. En clave funk, pero sen renunciar ó mesmo estilo pausado co que James Taylor a gravou en primeiro lugar, a nova versión de Hayes comeza cunha introdución instrumental que a fai única. Aparece no álbum For the Shake of Love (1978).
A famosa introdución da versión de Hayes empregouse en cancións de nova factura. Unha das primeiras foi na de Mona Lisa "You Keep Leading Me On", de 11-20-79 (1996).
Ningún comentario:
Publicar un comentario