Hai que admitir que o hip hop aínda era un movemento bastante orixinal nos anos 80. Daquela a meirande parte dos artistas que se declinaban por ese xénero esforzábanse por que as súas composicións fosen propias e tentaban evitar os elementos alleos, malia que isto parece unha característica intrínseca do hip hop da que non se libra ningún álbum completo. En calquera caso, nos discos dos 80 era habitual atopar temas de hip hop que non reciclasen algún anterior. Por iso The Great Adventures of Slick Rick (1988), que supuxo o debut de Slick Rick, sorprende, xa que case a metade das cancións non proceden doutras. Unha desas que se poden cualificar de cen por cento orixinal é "Hey Young World", segundo single extraído e que logo sería dos máis sampleados no mundo do hip hop.
Posiblemente a canción onde os samples de "Hey Young World" estean mellor aproveitados sexa en "Creep", single con que TLC daba a coñecer o seu segundo disco CrazySexyCold (1994), co que o trío de Atlanta acadou sona en todo o mundo mesturando R&B, hip hop e soul.
Ningún comentario:
Publicar un comentario