A música country sempre se nutriu de excelentes cantautoras, grandes damas da canción que lograron perpetuar un xénero que para moitos recolle toda a esencia de Estados Unidos. Lucinda Williams é desde finais dos anos 70 unha delas, pois o seu estilo, composto de folk, blues, country e rock levouna a ser unha das voces máis recoñecidas e aclamadas de todas, contando ademais co respecto de moitos músicos, que a teñen como unha referencia. En 1998 publicou o seu quinto disco, Car Wheels on a Gravel Road, onde o sexto corte é unha homenaxe ó seu lugar de nacemento, Lake Charles, no estado de Louisiana. Coa mesma factura coa que Lucinda Williams compón todas as cancións, "Lake Charles" convértese nun clásico na discografía desta cantautora.
Tras separarse de Rubén e dar por rematada a andaina de Pereza, Leiva editou Diciembre (2012), o primeiro disco en solitario. Unha das cancións estrela do álbum é "Nunca nadie", que garda un lixeiro parecido cos acordes de "Lake Charles".
Ningún comentario:
Publicar un comentario