Tras deixar atrás o grupo vocal feminino co que seu a coñecer e despois de gravar un dos temas máis exitosos que se lembran como "Lady Marmalade", Patti LaBelle non deixou de lado a súa carreira, malia que era difícil repetir un éxito como aquel. Con todo, nos discos posteriores aparecen algunhas cancións tamén bastantes populares, que alomenos algúns artistas se negan a esquecer. Co sexto disco, I'm in Love Again (1983), Patti Labelle volveu a situarse nos primeiros postos das listas de vendas por primeira vez desde que comezara a editar discos en solitario. Parte do mérito débese a cancións edulcoradas coma "Love, Need and Want You", que a devolveu ó primeiro plano musical sen necesidade de facer un remedo do popular "Lady Marmalade",
A partir do ano 2000, "Love, Need and Want You" volveu pórse de actualidade debido a que moitos artistas a empregaron de base para novas cancións. A máis popular foi "Dilemma", do rapeiro Nelly e a ex compoñente de Destiny's Child Kelly Rowland. A canción apareceu nos respectivos discos destes artistas, Nellyville, de Nelly e Simply Deep, de Rowland, ámbolos dous publicados en 2002.
Tamén OutKast utilizou algúns elementos dos tema de Patti LaBelle en "Ghettomusick", tema pertencente a Speakerboxxx/The Love Below (2004).
Cun espíritu algo máis fiel a "Love, Need and Want You", Lloyd incluíu no álbum King of Hearts (2011) "Lay It Down", que recrea moi ben o tema de Patti LaBelle.
Ningún comentario:
Publicar un comentario