Non é ningunha novidade que tódolos artistas teñen altibaixos ó longo da súa traxectoria profesional, momentos en que a creatividade, deles e dos colaboradores cos que traballan, falla. George Michael é quizais un dos artistas que máis acostumados nos ten a pasar por etapas pouco brillantes e moitos achácano a problemas persoais. En 2004, George Michael tentou volver á senda do éxito con Patience, un álbum que salvo algunhas poucas cancións, está bastante afastado dos grandes discos que fixeron do artista británico de orixe grega un dos solistas máis importantes das últimas décadas. Unha boa mostra da pouca consistencia de Patience é a cantidade de cancións compostas a base de samples doutras, que tampouco teñen nada de especial. O single de presentación, "Freeek!" xa daba unha idea do que ía ser a tónica xeral do álbum e desde logo, non quedará como unha das mellores cancións na discografía de George Michael.
http://youtu.be/n3E-oKQw3rg
Para a elaboración de "Freeek!", George Michael botou man de tres cancións. Unha delas é o tema de Kool & the Gang "N.T", single de 1971.
http://youtu.be/LSAqC6zxlnY
Tamén recorreu ó hip hop coa canción de Q-Tip "Breathe and Stop", do álbum Amplified (2009).
http://youtu.be/NOw-iNJvylM
E tamén do R&B de Aaliyah con "Try Again", pertencente á banda sonora de Romeo Must Die, película de 2000.
http://youtu.be/aRcAvsZgjXA

Ningún comentario:
Publicar un comentario