Ó longo dos anos 70 o rock continuou diverxendo en novos xéneros e tendencias que a finais desa década a oferta musical era tan variada que a crítica comezou a empregar unha serie de etiquetas para nomear ós distintos estilos que ían aparecendo. Unha delas foi a de rock gótico, coa que se designou a unha nova fornada de bandas rock cunha estética inconfundible e cun son moi escuro. Dentro desta tendencia ocupa un lugar destacado The Cure, a banda formada por Robert Smith. Cando apenas se falaba de rock gótico, The Cure debutaba en 1979 con Three Imaginary Boys, que sorprendeu á crítica polo seu son post punk. Claro que daquela The Cure aínda non perfilara o estilo que os habería de converter en referente unha década despois, pero xa deixaba intuír o potencial do que eran capaces de chegar. O curioso dese primeiro álbum de longa duración é que non inclúe ningún dos singles con que The Cure se estaban a promocionar, pero nel aparecen cancións coma "10:15 Saturday Night".
http://youtu.be/okiCApJeonQ
A pesar de ser unha das cancións menos coñecidas de The Cure, "10:15 Saturday Night" foi elixida por Massive Attack como base do seu tema "Man Next Door" no álbum Mezzanine (1998) e que tamén reproduce o famoso son da versión que Led Zeppelin fixo de "When the Levee Breaks", tema que xa vimos no seu momento.
http://youtu.be/S71_vIMQ0YY

Ningún comentario:
Publicar un comentario