Cun estilo propio que os afastaba doutras propostas pensadas para a música de baile, Erasure converteuse nunha referencia nos anos 80 desde o seu debut en 1985. Para cando Andy Bell se uniu a Vince Clarke, este último parecía coñecer moi ben a clave do éxito, xa que non lle fora nada mal con Depeche Mode nin despois ó formar Yazoo, así que Erasure parecía nacer cun aval que garantía os primeiros postos nas listas de vendas. E desde logo, o tempo confirmou que tiñan razón. No ano 1988 Erasure publicaba o terceiro álbum The Innocents que se abre cun dos temas máis celebrados, "A Little Respect", segundo single extraído, onde ós habituais sintetizadores marca da casa, Erasure introduce unha guitarra acústica que fai desta canción unha das máis especiais na discografía do dúo.
http://youtu.be/x34icYC8zA0
Talvez por ser unha das mellores composicións de Vince Clarke e Andy Bell, "A Little Respect" é unha das cancións máis versionadas de Erasure. Espectacular, por exemplo, é a dos portugueses Silence 4 cun David Fonseca enorme, tal como é costume nel, no álbum Silence Becomes It (1998).
http://youtu.be/KK186r0EC9Y
Máis sorprendente se cadra, é a dos arxentinos Attaque 77, que fixeron unha versión rock coa letra en castelán chamada "Un poco de respeto" e que aparece no álbum Otras Canciones (1999).
http://youtu.be/xZrT6etqvf0
E tampouco está nada mal a que fixeron en 2001 Wheatus no seu álbum epónimo, que lles supuxo o estreno na escena musical.
http://youtu.be/ssmEMtE9YxM

Ningún comentario:
Publicar un comentario