xoves, 27 de marzo de 2014

T.V. Eye

Malia que hoxe Fun House (1969) é un disco de culto e moitas bandas e artistas cítano como clave no desenvolvemento das súas traxectorias, o certo é que o segundo álbum de The Stooges pasou máis ben sen pena nin gloria no momento da publicación, pero dende o instante en que se empezou a xestar, Iggy Pop ía medrar tamén como músico, unha etapa de crecemento que habería rematar anos máis tarde, cando Iggy decidiu voar en solitario. Para entón Fun House quedaba no imaxinario como un feixe de cancións que se deberían ter en conta para calquera que se quixese dedicar ó hard rock. Normalmente noméase "Loose" como a gran canción dese disco, pero tampouco hai que deixar de lado que outras como "T.V. Eye" tamén se converteu na favorita dalgúns.

http://youtu.be/ry4SVeLyLGk

Máis ca versións, "T.V. Eye" foi decisiva na composición dalgunhas novas cancións por parte de grupos que tiñan a The Stooges coma unha referencia. Unha das máis importantes é a da banda inglesa Spacemen 3 que aparece no álbum Sound of Confusion (1986) co título de "O.D. Catastrophe". Non é a única proba da admiración que mostra Spacemen 3 por The Stooges no seu álbum de debut, xa que nel versionan "Little Dog", outra das grandes cancións de The Stooges.

http://youtu.be/SaBz49jZo_Y

Outra canción que tamén lle debe moito a "T.V. Eye" é "Napalm", de Lagartija Nick, pertencente ó primeiro disco dos granadinos Hipnosis (1991).

http://youtu.be/-NddoB0uFKc

Ningún comentario:

Publicar un comentario